Esgotábanse as entradas e completábase o aforo. A xira ‘LUBRE- 40 aniversario’, unha das máis importantes e simbólicas da longa historia de Luar Na Lubre, enchía o adro do Santuario das Ermidas (O Bolo) na tardiña do 16 de xullo.

Unhas 420 persoas, boa parte delas da provincia de Ourense e tamén chegadas doutros puntos de Galicia, e mesmo de Madrid para a ocasión, desfrutaban de máis de dúas horas de música con momentos divertidos e animados e con outros delicados e de pura lírica, que non deixaron indiferente a ninguén. De feito, o público conecta dende o primeiro momento co concerto, bailando, cantando e mesmo sumándose ás propostas que dende o escenario lle lanzaba o grupo.

Entre os asistentes había tamén diversas autoridades como o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merlles; que estaba acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; así como por alcaldes e concelleiros da zona.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

