EconomíaEconomíaÚltima hora

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abre a inscrición no Laboratorio de Experiencias

A iniciativa, integrada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Ribeira Sacra, desenvolverase entre o 23 de maio e o 28 de xuño e inclúe máis dunha vintena de propostas abertas á participación cidadá

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de informar da apertura do prazo de inscrición para participar nas actividades do Laboratorio de Experiencias, unha nova programación pensada para testar e poñer en valor propostas turísticas singulares arredor da identidade, da paisaxe e da creatividade do territorio.

Todas as experiencias serán de balde para as persoas participantes e desenvolveranse entre o 23 de maio e o 28 de xuño, en diferentes puntos da Ribeira Sacra. A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Ribeira Sacra e nace como resultado dun proceso previo de análise da oferta existente e dos recursos con potencial para seguir construíndo un modelo turístico máis experiencial, sostible e conectado cos valores propios do territorio.

“O Laboratorio de Experiencias responde tamén ao momento estratéxico que vive a Ribeira Sacra coa súa candidatura a Patrimonio Mundial da UNESCO, que será resolta no mes de xullo de 2026 e que sitúa a auga como elemento central da paisaxe cultural do territorio. Neste contexto, a programación aposta por propostas vinculadas aos ríos, á memoria tradicional, á creación artística e ao traballo das persoas produtoras locais”, indica o consorcio.

Catro grandes liñas de experiencias

O programa estrutúrase arredor de catro eixos temáticos, que permitirán achegarse á Ribeira Sacra desde perspectivas diversas e complementarias:

Artes na Ribeira

Unha liña centrada na creación artística e na participación directa do público, con actividades arredor da música, da danza, da pintura, da escultura e do teatro. Inclúe as seguintes propostas:

  • ●  Danza e música contemporánea, con obradoiro, demostración de danza e concerto participativo de piano.
  • ●  Artistas por un día. Escultura e pintura, con talleres impartidos por Joaquín Balsa e Modesto Trigo.
  • ●  Xogando co teatro, unha experiencia de teatro de rúa que culminará cunha pequena representación ao final da xornada.
  • ●  Sinte a música de raíz, cunha introdución aos instrumentos tradicionais, elaboración dun instrumento propio e paseo musicado.
  • ●  Danza e música tradicional, con obradoiros de danza e pandeireta.
  • ●  Danza e música contemporánea 2, con taller, demostración e concerto participativode violín.Auga activaExperiencias de turismo activo na contorna dos ríos, combinadas con interpretación da paisaxe, da xeoloxía e do patrimonio asociado á auga:
  • ●  Ruta interpretativa das Fragas do Navea e dos Sequeiros de Pena Folenche.
  • ●  Sendekaiak, que combina sendeirismo e un tramo en kaiak.
  • ●  Barranquismo xeolóxico, cun descenso de canón acompañado por un xeólogo.
  • ●  Na busca de ouro, con percorrido por unha antiga ruta romana, visita ao Museo daMinaría Aurífera Romana e actividade de bateo de ouro no río Lor.
  • ●  Imos pescar, unha xornada de iniciación á pesca.
  • ●  Ruta interpretativa do río Mao.Buses experienciaisPercorridos en autobús para coñecer de primeira man proxectos produtivos, explotacións e espazos de creación repartidos pola Ribeira Sacra:
  • ●  SaborBus, con visitas a empresas produtoras de alimentos.
  • ●  GranxaBus, para descubrir explotacións agrogandeiras.
  • ●  ArtistaBus, con visitas a talleres de artistas e artesáns locais.

Cultura da auga

Un conxunto de propostas para afondar na memoria, nas lendas, na arquitectura e nas transformacións históricas da paisaxe da Ribeira Sacra:

  • ●  Unha tarde no muíño, unha tarde non é nada, sobre o funcionamento tradicional dos muíños como espazos de traballo, encontro e lecer.
  • ●  Na procura das xacias, unha experiencia arredor dos seres mitolóxicos e das lendas do territorio.
  • ●  Císter, arquitectura da auga, centrada na importancia da auga no desenvolvemento dos mosteiros.
  • ●  De Diomondi a Belesar, un camiño contado, seguindo o Camiño de Inverno e distintos elementos da cultura da auga, como o Ecomuseo de Arxeriz.
  • ●  Os encoros, transformación da paisaxe no século XX, cunha visita ao interior dun encoro e un percorrido interpretativo pola pegada destas infraestruturas no territorio.Calendario de actividadesAs experiencias desenvolveranse durante seis fins de semana consecutivas:
  • ●  23 de maio: Danza e música contemporánea / ArtistaBus Ourense
  • ●  24 de maio: Ruta interpretativa das Fragas do Navea e Sequeiros de Pena Folenche/ Unha tarde no muíño, unha tarde non é nada
  • ●  30 de maio: Sendeirismo + kaiak / SaborBus Lugo
  • ●  31 de maio: Artistas por un día. Escultura e pintura
  • ●  6 de xuño: Na procura das xacias / Barranquismo xeolóxico / GranxaBus Lugo
  • ●  13 de xuño: Na busca de ouro / SaborBus Ourense / Artesanía
  • ●  14 de xuño: Xogando co teatro / Imos pescar
  • ●  20 de xuño: Sinte a música de raíz / Císter, arquitectura da auga
  • ●  21 de xuño: Ruta interpretativa do río Mao / GranxaBus Ourense
  • ●  27 de xuño: Danza e música contemporánea 2 / De Diomondi a Belesar, un camiñocontado
  • ●  28 de xuño: Os encoros, transformación da paisaxe no século XX / Na procura dasxacias / Danza e música tradicional.
Back to top button