Dentro das actividades de verán organizadas polo Concello de Parada de Sil, neste caso en colaboración coa Deputación de Ourense dentro da programación reaOU, o vindeiro sábado 23 ás sete da tarde terá lugar a actuación de Kantantibus no Mosteiro de Santa Cristina.
Este coro de cámara xurde en 2019 como unha resposta artística ás inquedanzas musicais dos seus compoñentes e interpretan obras de diferentes estilos pezas sacras e profanas dende o século XVI ata o século XXI, tanto a capela como con acompañamento instrumental. Este coro ten como director na actualidade a Mateo Iglesias Seoane.
Como vén sendo habitual nos seus concertos coa diversidade de estilos, texturas e afectos que, a pesar da distancia no tempo, emocionan ó público actual.
Segundo informa o alcalde, Aquilino Domínguez, a entrada é gratuíta e pode reservarse chamando ao 689683713. O rexedor convida a asistir e desfrutar dun día en Parada de Sil e poder apreciar a excepcional acústica do Mosteiro.
