
Neste Nadal o Coro Santa Rita do Barco será unha das formacións que participarán no certame de villancicos que terá lugar o 18 de decembro, dentro da celebración de Nadal na igrexa de Santa Rita do Barco, que comezará ás 18:30h. Esta agrupación interrpretará dúas pezas.
Outra das citas deste Nadal para o Coro Santa Rita será o XXVI Certame Navideño de Villancicos de Ponferrada, con 10 corais participantes, das cales a única galega será a valdeorresa. Será o 20 de decembro ás 17:30h. na igrexa de San Ignacio da cidade berciana. Nesta actuación interpretarán dúas pezas, ambas villancicos pero cun estilo moi diferente: un será un chotis e outro un vals.