CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Coro Santa Rita do Barco actuará o 8 de setembro na “Muestra de la canción berciana”, en Ponferrada

Será a única agrupación musical deste evento, no que levan participando xa once anos

O Coro de Santa Rita durante unha actuación./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Unha edición máis, o Coro Santa Rita do Barco será a única das agrupación corais galegas participantes na “Muestra de de la canción berciana”, que se celebrará o vindeiro 8 de setembro en Ponferrada no marco das Festas da Encina. O certame, que terá como escenario a praza do Concello desta cidade, comezará ás 21h. Neste concerto poderá a escoitarse a un total de dez corais.

A formación musical barquense, que dirixe Silvina Bravo ten previsto interpretar dúas cancións vinculadas ao Bierzo: “La Virgen de la Encina” e “La Virgen del Bierzo”. Dende o Coro de Santa Rita amosábase o seu agradecemento por ser convidades novamente a este evento, no que levan participando xa once anos. “Temos que darlle as grazas á organización e ao Concello de Ponferrada porque sempre se acorda de nós e sentímonos moi orgullosos de ser a única coral galega que participa”, explican dende esta agrupación musical barquense.

Back to top button