Na tarde deste sábado 13 de setembro remataba, dun xeito moi especial, a Novena do Nazareno no Barco de Valdeorras.

Preto das nove da noite e trala misa do último día no novenario (mañá é o Día do Cristo), o Coro Santa Rita do Barco subíase ao altar da igrexa de San Mauro para rondar ao Nazareno. Foi un concerto breve, apenas catro cancións, pero cheo de sentimento, con temas relixiosos, festivos e tamén un especialmente adicado ao Santo do Barco. “Os arranxos son nosos e que mellor ocasión para presentalo que na súa festa”, exlplicaban dende o coro antes de actuar.
Tamén cantaron o Ave María que cantan en todas as vodas, unha canción litúrxica que interpretan nas misas e unha tradicional galega que interpretan cando actúan fóra.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.