EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Monterrei asina un convenio coa agrupación de Protección Civil de Verín

Ademais de levar consigo a cooperación na seguridade na Feira do Viño de Monterrei, tamén contempla a realización de formación en primeiros auxilios a adegueiros

 

O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín, Manuel Alfonso Araujo, veñen de asinar un convenio de colaboración entre as dúas entidades, para a prestación de servizos conxuntos.

Este convenio ademais de levar consigo a cooperación na seguridade na Feira do Viño de Monterrei, tamén contempla a realización de formación en primeiros auxilios a adegueiros/as e membros do Consello Regulador.

Trátase da terceira ocasión que esta entidade colabora coa A.V.P.C. Verín, xa que en anos anteriores, axudouse na adquisición dunha carpa, así como en material para a agrupación, utilizado nos diferentes operativos nos que participa a mesma.

Back to top button