Praza de San Mauro, rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, Eloi Rodríguez Barrios e de novo Eloi Mira ata a igrexa da zona vella. É o percorrido que na tardiña deste mércores 1 de abril, completaba a procesión do Viacrucis coa que O Barco de Valdeorres rende culto cada ano ao Cristo dos Ferroviarios.

Nun carro guiado por catro cofrades, o paso do Cristo restaurado o ano pasado abría a comitiva que ás 21 horas saída da igrexa de San Mauro, seguida por numerosos fegreses, rezando en cada estación do Viacrucis, con parada máis prolongada diante da Estación do tren barquense onde, coma sempre, a escritora María Carmen Gago lía os poemas escritos polo seu pai, José Ramón, un dos promotores desta procesión, lamentando o estado de abandono no que se atopa “unha estación antano tan bulicioa”.
Antes, o propio párroco lembraba os tempos nos que “os talleres que hai detrás fervían de obreiros e traballo”. Diante dos fegreses lembrou que recén chegado ao Barco coñeceu ao último traballador de Renfe “que me dixo que non lle gustaría que se perderan nin o carro que se gardaba neses talleres nin a profesión”. Por suposto que non se perdeu aínda que si tiveron que levar o carro aos baixos da parroquia de Santa Rita, e unha vez máis, tal como fixo hai cinco anos, alzaba a voz para “reclamar ás autoridades responsables que a comarca de Valdeorras non permaneza esquecida e incomunicada”.








Os actos da Semana Santa do Barco de Valdeorras, continúan mañá Xoves Santo, coa celebración comunitaria (11:.). Xa pola tarde, ás seis celebrarase na igrexa de Santa Rita a Cea do Señor co lavatorio de pés. E pola noite, trala procesión so Silencio coa imaxe do Nazareno (saída e regreso á igrexa de San Mauro), celebrarase a Hora Santa na igrexa de Santa Rita, diante do Monumento.

Fotos: Carlos G. Hervella.