OurenseÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense recibe ao presidente e capitán do equipo de balonmán Club Deportivo Cultural Ribeiro

 

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu está mañá na sala de Xuntas da Delegación Territorial ao presidente e capitán do equipo de balonmán Club Deportivo Cultural Ribeiro, Iván Reinaldo e Juan Sotelo respectivamente.

No encontro, o delegado da Xunta trasladoulles que é un orgullo para o deporte ourensá que representen á nosa provincia na Primeira División Nacional de Balonmán, mantendo o seu firme compromiso pola canteira e a formación das novas xeracións, e así crear oportunidades para que os máis novos e novas medren como deportistas e como persoas.

Manuel Pardo asegurou que o deporte para formar persoas é unha estratexia eficaz e incidiu en que cando integras valores, pedagoxía e esixencia, obtés xogadores mellores e persoas máis preparadas para a vida; e engadiu que a potenciación do deporte base non só é compatible con competir ao máximo nivel, senón que pode converterse nunha vantaxe competitiva sostible tanto no ámbito deportivo como no económico. “O camiño esixe tempo e paciencia, pero non é lento por ineficaz. É coherente, profundo e, sobre todo, humano”; sentenciou.

Back to top button