EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O delegado da Xunta en Ourense visita o sector valdeorrés da lousa

Tras reunirse con representantes do Clúster da Pizarra de Galicia en Carballeda, destacaba o peso deste "sector estratéxico para a comarca"

 

No mediodía deste 23 de novembro Gabriel Alén realizaba a súa primeira visita oficial como delegado territorial da Xunta en Ourense ao sector valdeorrés da lousa. No marco da rolda de contactos que está a manter cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, achegábase á comarca de Valdeorras para coñecer de primeira man o estado e as necesidades deste sector produtivo tan importante na provincia e en Galicia e reuníase co presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo.

Acompañado da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen Gonzaléz, visitaba as instalacións do Centro Tecnolóxico da Pizarra, onde o agardaban o presidente do Clúster da Pizarra, Víctor Cobo, e representantes de empresas do sector.

Durante máis de hora e media, o delegado territorial da Xunta escoitaba os pareceres e suxestións deste colectivo empresarial e ademais transmitíalles “o aval e o apoio do goberno galego ás novas iniciativas que teñen previsto de cara ao futuro e que fomenten o desenvolvemento dunha minería sostible”.

Gabriel Alén lembraba na xuntanza os compromisos xa adquiridos con este sector polo presidente da Xunta na súa visita o pasado 14 de febreiro, e resaltou “o labor deste colectivo empresarial a prol da dinamización do rural, e a contribución da lousa como unha aposta permanente pola innovación”.

Ademais resaltaba a importancia deste sector estratéxico para a comarca de Valdeorras, converténdose na principal fonte de actividade económica da zona. Así, a lousa dá emprego directo a preto de 2.500 traballadores e de maneira indirecta a arredor de 10.000 persoas, representando o 26% do produto interior bruto da comarca.

Nesta liña, Gabriel Alén lembrou que o 33% da produción mundial da lousa para cubertas procede da Comunidade galega, tendo como principais países destinatarios a Francia (101 millóns de euros) e ao Reino Unido (68 millóns de euros).

 

Artigos relacionados

Back to top button