ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

O delegado da Xunta visita captacións de auga de Rubiá afectadas polos incendios

Manuel Pardo, acompañado polo alcalde de Rubiá e polo tenente de alcalde, lembraba as actuacións desenvolvidas dende a Xunta tras os lumes forestais do verán

 

Ata o municipio de Rubiá desprazábase esta mañá o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, quen visitaba as captacións de auga deste municipio que están a rexistrar problemas por mor dos arrastres tras a grave vaga de incendios deste verán. O delegado estaba acompañado polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, e polo tenente de alcalde, Ignacio Doce. Esta era unha das intervención desenvolvidas pola Xunta para salvagardar as captacións de auga do municipio. Deste xeito, colaborouse na colocación de acolchados de palla, fibras de madeira e outros materiais para crear faixas protectoras en zonas afectadas polo lume e con pendentes elevadas.

Durante a visita, Manuel Pardo lembraba o conxunto de actuacións desenvolvidas pola Xunta tras os incendios, mencionando ás de axuda aos gandeiros coa entrega de herba seca, tamén os de apoio á fauna salvaxe, tamén o labor co voluntariado, “coa participación dunhas 500 persoas e 22 intervencións” e, ademais, “fíxose un traballo para aliviar o efecto erosivo da chuvia, a través dun convenio de colaboración entre a Xunta e Tragsa, con labores de mulching para evitar esa acción erosiva e protexer os ecosistemas”.

 

 

Tamén se refería Pardo as liñas da axuda habilitadas para Xunta, entre elas para a perda das primeira e segundas vivendas, nas que houbo “34 solicitudes aprobadas, por un importe de máis de 2,2 millóns de euros na comarca de Valdeorras. Delas, 30 corresponden a inmobles situados en Vilamartín de Valdeorras, 3 en Petín, e unha en Larouco”.

E mencionaba a intervención en “San Vicente de Leira (Vilamartín) para sufragar os custos de actuacións urxentes de desescombro para evitar danos nas persoas e nos bens, destacar tamén que Medio Rural vai investir 1,9 millón de euros na mellora das instalacións e no terreo, dos que 600.000 euros serán para Valdeorras. Son un conxunto de actuacións por todas as consellerías da Xunta implicadas para paliar os danos producidos a consecuencia dos lumes”.

O delegado territorial avanzou que dende a Consellería do Medio Rural vanse investir na provincia de Ourense máis de 1,9 millóns de euros na mellora de infraestruturas viarias, na mellora da rede de drenaxe, na restauración hidrolóxica e de hábitats e na eliminación da madeira queimada; 600.000 euros están destinados á comarca de Valdeorras. Ademais, resaltou a achega de máis de 400.000 euros a 19 comunidades de montes da contorna para paliar os danos desta vaga de lumes.

 

 

Alí, lembrou o delegado territorial que a  Xunta asinou convenios cos concellos desta comarca por importe de máis de 1,6 millóns de euros para paliar os danos en bens municipais e os gastos derivados das actuacións desenvolvidas para facer fronte ao lume, sendo as entidades locais beneficiarias O Barco de Valdeorras (120.500€), O Bolo (231.166€), Carballeda de Valdeorras (47.066€), Larouco (232.565€), Petín (13.637€), A Rúa (263.714€), Rubiá (192.110€), A Veiga (212.110€) e Vilamartín de Valdeorras (287.845€).

Con estas axudas, entre os gastos que se prevé cubrir, figuran obras de reparación, mantemento ou reposición das infraestruturas, equipamentos ou bens municipais afectados polos incendios, así como de adquisición de material para a reposición dos servizos afectados. Tamén cobren os custos de limpeza e restauración ambiental; ou de alugueiro, combustible e reparación de maquinaria e vehículos. Ademais, finánciase os gastos de traslado, aloxamento e mantemento da poboación evacuada ou do persoal, tanto propio como dos efectivos do operativo de extinción, que o concello tivo que asumir.

Con respecto á captación de augas no municipio de Rubiá, o seu alcalde, Elías Rodríguez, apuntaba que dende o primeiro momento se puxeron a traballar para evitar problemas. “Dende un primeiro momento estivemos pendentes e ao tanto para evitar problemas nas captacións de augas ao chegar ás chuvias, fixemos algunhas actuacións nas captacións para melloralas e para intentar evitar na medida do posible os arrastres que puidera haber. Pero cando as precipitacións son fortes, como sucedeu nalgúns casos, os arrastres son inevitables, entón o que facemos, contando co persoal do Concello ao que temos que felicitar, é cortar a auga de forma inmediata e buscar unha serie de captacións alternativas que xa tiñamos buscadas, en zonas máis altas e en condicións melloras, para volver a dar a auga. E para iso levamos mangueiras polas ladeiras e a nosa auga nas últimas semanas é óptima ou iso nos din as analíticas”.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button