OurenseÚltima horaVídeos

O delegado do Goberno en Galicia visita o CECOP en Ourense e a parroquia de Santirso (Maceda), afectada polo lume

 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, xunto co subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, desprazáronse ata a parroquia de Santirso, no concello de Maceda, para supervisar a evolución do lume e apoiar á veciñanza que foi evacuada por mor das lapas e que xa puido volver ao seus domicilios.

Alí estiveron acompañados pola alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, e outros concelleiros do goberno local, aos que trasladaron a solidariedade do Goberno de España nestes difíciles momentos.

CECOP

Antes de achegarse a Maceda, Blanco visitaba o centro de coordinación da emerxencia xunto co subdelegado do Goberno na provincia para avaliar a evolución da situación en Ourense xunto cos mandos da Xunta de Galicia, responsable do dispositivo de extinción.

Alí, lanzou unha mensaxe de unidade entre as administracións co obxectivo primordial  de “protexer o noso”. Tamén estendeu esta colaboración á investigación das causas destes lumes e á identificación e detención das persoas incendiarias naqueles que sexan provocados, condenando estes feitos e advertindo que “non quedarán impunes”.

 

Back to top button