En portadaÚltima horaVídeos

O desbordamento do río Mariñán corta a rúa do estadio de Calabagueiros no Barco

 

Outro punto no que o intenso caudal que leva o río Mariñán, tras a treboada desta tarde, causaba problemas era a zona do campo de fútbol de Calabagueiros, no Barco. Desbordábase na estrada paralela ao río, que vai pola rúa Mariñán, pouco antes da súa desembocadura no Sil, que arestora está cortada ao tráfico.

A auga, chea de lodo negro e troncos, chegaba ata o Paseo do Malecón e tamén entraba pola rúa das Arenas, subindo ata unha altura de alomenos 10 cm segundo explican os veciños.

Segundo as primeiras información, non houbo danos nas hortas da zona nin tampouco dos animais das fincas do lugar, xa que o barro que arrastraba a auga fixo de tapón contra os peches dos terreos, evitando así que entrara a auga.

 

 

Non é a primeira vez que sucede isto, polo que os veciños piden que se lle dea altura á pequena ponte que aí sobre o Mariñán, que foi o punto onde se producía o atascamento, para evitar que se volvan repetir estes problemas.

Ata o lugar desprazábanse a Policía Local e a Garda Civil e, arredor das seis da tarde, chegaba o alcalde do Barco, Aurentino Alonso.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button