Romanos da cabalo, seguidos pola garda Lucus Equites, abrían o desfile que percorría Qui-Roma na tarde do 22 de agosto. O percorrido partía ás oito e media dende o inicio da Via Rex (rúa Real) e chegaba ata o Auditorio quirogués.
Numerosas persoas seguían o traxecto e tamén se unían a el durante o traxecto, no que tamén podía verse aos espectaculares bois de Mario Nogueira, con varias parellas de exemplares, gaiteiros castrexos e aos gladiadores que despois se medirían na loita no anfiteatro, entre outras figuras romanas e castrexas. A comitiva pechába a Tambukada.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.






