EconomíaEconomíaVídeosViticultura

O desfile da Confraría do Viño de Quiroga marca o inicio dos actos da feira do viño nesta vila

 

Esta mañá, a Confraría do Viño de Quiroga, anunciaba co seu tradicional desfile que a Feira do Viño está próxima. Resta só unha semana para a súa celebración. Ás doce e media do mediodía os confrades, ataviados co seu traxe de gala (capa de cor burdeos e sombreiro negro), acompañados do Grupo de gaitas O Recanto, recorreron a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Museo Etnográfico de Quiroga.

Este solemne acto -que preside o Confrade Maior, o alcalde quirogués José Luís Rivera Castro, e o presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez-, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación.

 

 

No pasado ano o desfile presentou o seu maior número de confrades posto que participaron os novos membros da institución vitivinícola que tomaron posesión do seu cargo ese mesmo ano. A confraría segue tendo tres vacantes polo que abrirá novamente o prazo para cubrir esas prazas.

Como remate do desfile, xa a porta pechada, os membros do gremio realizaron unha asemblea anual nas instalacións do Museo Etnográfico.

Fotos: RTM Quiroga.

 

Back to top button