Un ano máis o desfile do Martes de Entroido no Barco de Valdeorras era o acto central dun programa que tamén incluía unha festa infantil o luns no pavillón vello e o Enterro da Sardiña mañá, Mércores de Cinsa, na praza Maior.
O desfile saía coma sempre dende a zona do hospital arredor das cinco e media da tarde e nel participaban un total de 21 comparsas, con case 700 persoas, entre eles os membros do folións Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras e Os Arrieiros de Petín que pechaban o desfile que remataba na praza Maior, enchendo o percorrido de cor e animación seguida por numeroso público. A charanga Bicoia poñía a música ambiente.



O fin de festa corría a cargo de Dj Rafa con baile de disfraces na praza.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.