O son dos bombos e das aixadas deixábase sentir en pleno agosto polas rúas de Trives. Na vila completábase nesta tarde de domingo o programa dunha nova edición do “Entroido de Verán”, que incluía ás 18:15h. o desfile da carroza do campamento Os Enredos e, deseguido, un animado desfile de folións. As persoas que tocaban neles, tanto do concello trivés como doutras zonas como Petín, compartían despois unha cea en Santa Leonor.


Este “Entroido de Verán” estaba promovido por A Caniceira e polas Macizas Centrais, en colaboración con veciños, amigos, asociacións, comerciantes e empresarios.
Fotos cedidas.

