O son de bombas marcaba a partir das cinco e media da tarde o inicio do desfile do Martes de Entroido no Barco. Numerosas comparsas enchían de cor, música, ritmos, bailes e humor a vila nun traxecto que partía das inmediacións do Hospital Público de Valdeorras e concluía na praza Maior.

Neste desfile participaban un total de 22 comparsas e máis de 600 persoas. Abría a comitiva unha charanga e, despois, as comparsas cobraban vida. Entre elas estaban as da ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Viloira, Os Nasarre, Figueira Circus, ANPA Aturuxo, Plátanos de Asfaval, Coches de choque, Volta á Ela, Legio Gigurros, Asociación Petanca, Abellas, Taberna Clandestina Tía Agripina, Club Natación Valdeorras, Trangallada, Melodys, Brillantes e Radiantes, Largartixas da Lastra, Sementando sorrisos, Choki-Córgomo, Anpa Calabagueiros e Amas de Casa.
Ademais soaban os toques do Folión Os Arrieiros de Petín e dos Viticultores de Vilamartín. A circulación pola vila estaba regulada pola Policía Local, xa que o desfile cortaba a estrada xeral, e tamén se contaba co GES Valdeorras.
Fotos: A.R.
