ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

O desfile Qui-Romano “Arde Loucos” de Quiroga, en imaxes

 

A vila do Quiroga retrocedía dous milenios no tempo o 20 de agosto. Ao longo desta xornada convertíase en Qui-Roma, recuperando unha multitudinaria festa castrexo-romana tras dous anos de parón por mor da pandemia. A iniciativa, promovida pola Asociación Qui-Roma en colaboración co Concello de Quiroga, incluía un variado e completo programa dende primeira hora da mañá ata a madrugada.

 

 

Un dos actos máis destacados era o Desfile Qui-Romano “Arde Loucos” pola vía Rex (dende a Casa da Cultura pola rúa Real de Quiroga) e que remataba nas proximidades do Auditorio, onde se daba paso á loita de gladiadores.

 

 

 

Neste desfile participaban castrexos e romanos, representados por figuras propia desta festa como Cachelus ou Melenisa, así como os gladiadores, a garda romana Lucus Equites, a Gandería de Mario Nogueira e a batukada Latexo Percusión.

Fotos: A.R.

En breve ampliarase galería fotográfica do desfile e da loita de gladiadores.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button