CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O desfile “Qui-romano Arde-Loucos” percorría Quiroga na tarde do 17 de agosto

 

Encabezado pola garda romana Lucus Equites, o desfile Qui-romano partía ás oito e media dende o inicio da Via Rex (rúa Real) de Quiroga na tarde do 17 de agosto. Numerosas persoas se unían a el durante o percorrido, no que tamén podían verse aos espectaculares bois de Mario Nogueira e aos gladiadores que despois se medirían na loita no anfiteatro, entre outras figuras romanas e castrexas.

 

 

Este desfile era un dos actos de Qui-Roma IX Festa Castrexo Romana, que se celebraba ao longo do 17 de agosto en Quiroga.

Fotos e vídeos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button