ConcellosO BarcoÚltima hora

O desprendemento de parte dun balcón no Barco mobiliza aos equipos de emerxencia na pasada noite

 

Parte dun balcón dunha casa de dous pisos situada na zona vella do Barco, en concreto na rúa San Roque, desprendíase na pasada medianoite. Afortundamente, non se producía ningún dano persoal. Ante o perigo de novos desprendementos, a veciñanza daba aviso e ata o lugar desprazábase, de inmediato a Policía Local, o GES Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal.

Procedían a quitar outras partes do balcón con risco de caer e valaban o lugar por precaución.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button