
A celebración do Día da Bici requirirá realizar cortes de tráfico rodado en diferentes rúas da cidade o vindeiro domingo, 20 de setembro.
Así o indican dende o Concello de Ourense avanzando que o dispositivo deseñado pola Policía Local prevé pechar ao tráfico “ás 10 horas a rúa do Progreso, desde Concordia ata a Avenida de Zamora, á altura do Xardín do Posío e a rúa da Coruña; ás 11:30 horas pecharase todo o itinerario da ruta ciclista e aquelas rúas que conflúen polo percorrido”.
A ruta do Día da Bici, que chega á súa edición número 40, cambia este ano a causa das obras que se están a executar na Avenida de Portugal. O percorridoo será pois: Alameda, Progreso, Avenida de Zamora, Saínza, Coruña, Progreso ata Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Eulogio Gómez Franqueira, Río Arnoia, Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez, Progreso, Alameda.
Itinerarios alternativos
Zona norte – sur: polas pontes do Ribeiriño e da presa de Velle (Oira).
Zona oeste – leste: Avenida da Ribeira Sacra (N-120).
Zonas leste – centro: Emilio Pardo Bazán, Pena Trevinca.
Zona sur (saída): Marcelo Macías, Manuel Murguía, Rodríguez de la Passera e Regato ata a glorieta da Saínza.
Zona sur (entrada): Glorieta da Saínza. Na súa metade establecerase de dobre sentido de circulación, de forma que os coches procedentes da zona sur poderán seguir polas rúas do Regato, Rodríguez de la Passera, Leiras Pulpeiro, Manuel Murguía e Marcelo Macías.
Ademais, desde a glorieta da Saínza ata o aparcadoiro da residencia, quedará un carril de acceso a urxencias, coa posibilidade de subir por Cruceiro Quebrado.
Autobuses urbanos
A actividade deportiva modificará tamén as rutas dos autobuses urbanos. En dirección ao Parque de San Lázaro, circularán por: rúa da Coruña-Pena Trevinca-Avenida da Habana e Parque San Lázaro. En dirección ao Xardín do Posío, irán por Xoán XXIII (Abanca)-Bedoya-Avenida de Bos Aires-Xoán de Novoa e Pardo Bazán. Ademais, desde as 11:30 e ata as 13:45 horas, os autobuses sufrirán retencións nos seus percorridos e a liña 15 “Praza Maior-O Tinteiro-Praza Maior”, suspenderá o servizo entre as 10 e as 14 horas. Pola tarde recupera o seu horario habitual.