SanidadeÚltima hora

O Día da Cuestación da AECC no Bolo resulta todo un éxito

As voluntarias da asociación agradecen a resposta da veciñanza, dos establecementos e da Corporación local

 

Neste sábado 10 de agosto a Asociación Española contra o Cancro en Valdeorras (AECC) saía á rúa no Bolo coas súas huchas e contaba cunha mesa para celebrar o Día da Cuestación. Situábase na praza da fonte (ao lado do colexio) en horario de 10:30 a 13:30h., aproximadamente.

Se ben o Día da Cuestación acostuma celebrarse o 9 de maio, neste caso aprazouse para facilitar a afluencia de xente. “Recaudaranse fondos para a investigación e informaranse dos servizos da asociación. Tamén teremos merchandising”, din as voluntarias que valoran de maneira moi positiva a resposta de cidadáns e establecementos.

 

 

“Resultou un éxito total! Enchemos varias huchas e vendemos merchandising. Colaboraron veciños e establecementos. Houbo moita afluencia de xente”, destacan as voluntarias da AECC, que expresan o seu agradecemento tanto á veciñanza como aos establecementos e tamén aos representantes da Corporación local, que tamén pasaron pola mesa.

Fotos cedidas.

 

Back to top button