
Unha semana despois de que se fixese pública a declaración dos Entroidos de Viana do Bolo, Manzaneda e Vilariño de Conso como Festa de Interese Turístico Nacional, o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, encontrábase cos alcaldes destes tres municipios na actuación de Carlos Núñez na tardiña do 17 de xullo no adro do Santuario das Ermidas (O Bolo), no marco dos “Concertos do Xacobeo”.
Así Merelles pousaba nesta foto xunto ao alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; e o rexedor de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.
Fotos: Carlos G. Hervella.
