OurenseÚltima hora

O director de Turismo de Galicia, no desfile de Entroido de Vilariño de Conso

 

Neste sábado 14 de febreiro o Entroido de Vilariño de Conso estreábase como Festa de Interese Turístico Nacional. Ao seu desfile, que comezaba arredor das 11:30h. asistía o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. Primeiro acudía ao Toural, punto de saída da comitiva de Entroido, onde se interesaba polos diferentes folións e, despois, baixaba a praza para seguir paso a paso o desfile.

Merelles estaba acompañado pola alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, polo conselleiro de Emprego, José González, e polo director de Agacal, Martín Alemparte, entre outras autoridades. A continuación, participaba na Festa do Cabrito.

Fotos: A.R.

Back to top button