CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O director de Turismo de Galicia saúda aos artistas de “Sons Urbanos”, na Rúa, antes do festival

 

Contra as sete da tarde deste 7 de agosto o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, visitaba a praza da Estación onde esta noite, a partir das 22h., terá lugar o festival “Sons Urbanos”, apoiado pola Xunta dentro do programa dos “Concertos do Xacobeo”. Estaba acompañado polo concelleiro rues José Vicente Solarat.

Merelles saudaba aos artistas que nese momento estaban a probar o son de cara aos concertos da noite e tamén se fotografaba coa ruesa Mela, que debutará nunhas horas na súa vila natal xunto a @serowayne.

O director de Turismo de Galicia comentaba que “estamos nos prolégomenos deste primeiro festival de “Sons Urbanos” na Rúa, que é o preámbulo da terceira edición do “Sons da Estacións” e esperemos que hoxe se concentre aquí numeroso público dado o cartel que temos”. Nese senso, Merelles lembraba a participación de Kike Varela, da artista local Mela e está 9Louro que “hoxe por hoxe é un dos artistas máis destacados do panorama musical galego e mañá teremos tamén unha nova edición do “Son da Estación”, no que o prato forte vai ser Baiuca, pero tamén está Nadadora”.

 

 

Neste senso, Merelles destacaba que “agora mesmo na Rúa e en Valdeorras, tendo en conta o SilFest, a oferta musical é como a de calquera cidade grande de Galicia, entón é unha satisfacción para Turismo de Galicia poder traer a este elenco de artistas dentro dese gran programa que son os “Concertos do Xacobeo”, que este ano irá a 170 localidades da comunidade e que o ano pasado foi quen de atraer a máis de un millón de persoas”.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button