SanidadeÚltima hora

O Distrito Sanitario de Valdeorras convoca os concursos de tarxetas e decoración navideña para o seu persoal

O certame de Tarxetas de Nadal está dirixido ás fillas, fillos, netas ou netos dos traballadores dos centros sanitarios do distrito sanitario co obxectivo de fomentar a creatividade infantil e celebrar o espírito do Nadal en familia

Decoración do pasado Nadal no servizo de Rehabilitación do Hospital de Valdeorras./ Cedida.

 

O Distrito Sanitario de Valdeorras convoca un ano máis o seus tradicional concurso de tarxetas de Nadal, para fillos ou netos dos traballadores, e a quinta edición do concurso de decoración de espazos e unidades con motivo das festas navideñas. Estes dous concursos non só buscan embelecer os espazos de traballo, senón tamén fortalecer os lazos entre os profesionais sanitarios e as comunidades que representan.

O Distrito sanitario de Valdeorras vén de anunciar a apertura do seu tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, dirixido ás fillas, fillos, netas ou netos dos traballadores dos centros sanitarios da provincia. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a creatividade infantil e celebrar o espírito do Nadal en familia, destacando o importante papel desenvolvido por cada un dos profesionais da saúde que traballan nos nosos centros. Os participantes deberán facer un debuxo na parte posterior dunha tarxeta que será repartida no Hospital de Valdeorras e nos Centros de saúde da Comarca.

A temática do debuxo deberá facer referencia ao Nadal e o labor dos profesionais que traballan nos centros sanitarios públicos do noso Distrito (O Barco de Valdeorras, Rubiá, Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Larouco, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoan de Río). As tarxetas poderán recollerse no Hospital e nos propios Centros de Saúde.

O prazo de entrega dos debuxos irá martes 2 ata o venres 13 de decembro de 2024 e poderán entregarse nas unidades de información do Hospital de Valdeorras e nos Centros de Saúde do Distrito Sanitario.

Un xurado, composto por membros dos medios de comunicación da zona, seleccionará ás gañadoras/es: un premio por categoría. Establécense tres categorías: de 1 a 4 anos, de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos. Os premiados recibirán os seus agasallos nun acto que se celebrará no vestíbulo do Hospital público de Valdeorras durante as datas de nadal.

A exposición das tarxetas será na planta baixa do Hospital Público de Valdeorras durante as festas do nadal e unha selección delas serán tamén difundidas a través das nosas redes sociais.

 

 

V Concurso de decoración

O Concurso de Decoración de Nadal cumpre a súa quinta edición tendo como principal obxectivo o de levar o espírito do Nadal ao ámbito hospitalario convidando a todos os traballadores e traballadoras da área a decorar as súas unidades, consultas ou despachos con creativos e orixinais ambientes do Nadal. O concurso busca fomentar a ilusión, solidariedade e creatividade nesta época especial do ano, creando espazos decorados que reflictan a temática do Nadal e o uso de materiais reutilizables.

Un xurado será o encargado de valorar todos os espazos presentados ao concurso. Estará formado por representantes das asociacións de pacientes da comarca. Os criterios de selección das propostas gañadoras serán: temática, orixinalidade e creatividade, autenticidade do decorado e reutilización de material (reciclaxe).

A decisión do xurado farase pública a partir do xoves 19 de decembro de 2024 e se comunicará cos gañadores e gañadoras do concurso que recibirán un agasallo e un diploma acreditativo de tal distinción. A entrega de distincións realizarase nas unidades premiadas anunciándose e publicándose con suficiente antelación.

 

Back to top button