
A falta de 6 xornadas e 18 puntos en xogo, o CD Barco está nun momento clave da tempada cun calendario moi esixente. Por iso a directiva busca máis que nunca o apio do público para o vindeiro partido.
Coa intención de repetir unha gran entrada e premiar á afección, elixían o partido do domingo 13 de abril como Día do Socio. Sobre o terreo de xogo o CD Barco (líder con 59 puntos) enfrontarase ao Cented Academy (noveno con 39 puntos) e cada socio “poderá retirar en taquilla dúas entradas totalmente gratuítas”, adianta o presidente do club, Nilo Ramos, destacando que “a afección será o xogador Nº 13; e o calor e as súas palabras de alento, claves”.
O partido comezará ás 17:30 horas.
