DeportesÚltima hora

O Dompavolei-Barco medíase co CV Pontevedra, na 2ª xornada da división galega sénior masculina

 

Continúa a andaina do Dompavolei-Barco na liga da segunda división galega sénior masculina, no que supón a volta á competición autonómica dun equipo valdeorrés nesta categoría logo de moitas décadas. Na pasada fin de semana, en concreto o día 24 de outubro, o equipo desprazábase a terras pontevedras para desputar a segunda xornada desta competición, nun partido co CV Pontevedra.

“Imos na senda dos obxectivos, cun resultado de 3 set a 1. Foi unha derrota cuns resultados moito máis axustados que os da primeira xornada e primeiro set gañado en competición”, comenta o adestrador do Dompavolei-Barco, Brasi.

Foto cedidas.

 

Equipo do Dompavolei-Barco, en Pontevedra.

 

Back to top button