DeportesÚltima hora

O Dompavolei-Barco suma a súa primeira vitoria na liga galega fronte ao CV Noia

 

Logo das boas sensacións na terceira xornada, o Dompavolei-Barco sumaba na tarde deste 7 de novembro a súa primeira vitoria na liga da segunda División Galega sénior masculina. Xogaba novamente na casa, no pavillón vello do Barco co CV Noia.

O conxunto barquense lograba finalmente impoñerse no marcador dun resultado de 3 a 0, sumando os seus primeiros puntos na clasificación.

Fotos cedidas.

Back to top button