SanidadeÚltima horaVídeos

O doutor Enrique de Madaira: “Vai ser moi emocionante estar mañá en Vilamartín na Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas”

Este médico de Dixestivo, que é un dos fundadores desta carreira solidaria en Alacante hai dez anos, dará a saída na proba de Vilamartín

 

Queda xa moi pouco para que se dean as saídas da VII Andaina e Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas en Vilamartín de Valdeorras, mañá 27 de outubro dende o pavillón Luis Nogueira. Entre os participantes nesta edición estarán dous dos fundadores deste evento benéfico hai xa dez anos en Alacante. Serán ademais os encargados de dar a saída.

Un deles, o médico de Dixestivo, Enrique de Madaria, explica neste vídeo o nacemento e evolución da Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas e pon de relevo a importancia da proba vilamartinesa. Ademaiq confesa que “para min será moi emocionante estar na mañá nesta carreira, xunto ás súas organizadoras”.

Este especialista do Servizo de Dixestivo Hospital Xeral Universitario de Alacante, vén de ser nomeado hai unha semana como mellor investigador de Europa de patoloxía dixestiva.

 

Back to top button