SanidadeÚltima hora

O doutor Lojo Rocamonde, que colabora cunha clínica barquense, entre os mellores da medicina privada de España

Figura entre os 50 mellores médicos da X Edición de los Top Doctors Awards, que se vén de facer pública

O doutor Lojo Rocamonde, especialista en Anxioloxía e Cirurxía Vascular./ Foto: Top Doctors.com.

 

O grupo tecnolóxico Top Doctors.com celebra a X Edición dos seus reputados premios á excelencia médica. Un ano máis, o grupo dá a coñecer aos 50 mellores médicos da medicina privada en España, valorados ao longo do ano polo propio colectivo médico e especialistas de cada área. Nesta ocasión, a compañía tamén quixo facer un recoñecemento especial a 10 médicos que levan toda unha vida dedicada á profesión.

Con máis de 5.000 votacións de profesionais, seleccionáronse os 50 médicos máis valorados, atendendo a criterios como o seu recoñecemento nacional e internacional pola excelencia no desenvolvemento da súa actividade asistencial, as habilidades clínicas, o labor investigador, divulgadora e formadora entre outros. Ademais, os expertos durante o proceso de valoración deben realizar a reflexión sobre a que médico acudirían ou recomendarían aos seus familiares ou amigos no caso de necesitalo. Os expertos seleccionados, contan coa máxima puntuación por parte de pacientes reais.

Entre eses 50 profesionais médicos galardoados nesta ocasión figura o doutor Ignacio Lojo Rocamonde, da especialidade de Anxioloxía e Cirurxía Vascular. Este médico colabora coa Clínica Dr. Sieiro do Barco.

“Estamos felices de levar dez anos celebrando estes premios, dos que sentimos especialmente orgullosos xa que poñen en valor a profesionalidade, a excelencia médica e o bo facer de 50 médicos recoñecidos polo propio colectivo. Estes premios son un alto reflexo do gran nivel da medicina e do bo facer do sector médico no noso país. Ademais, este ano, ao ser o X Aniversario, quixemos facer un recoñecemento especial a dez profesionais que levan toda unha vida dedicada á excelencia médica”, explica Cristina Pérez, directora de comunicación do Grupo Top Doctors.

A clasificación por provincias dos Top Doctors Awards 2023 é: Madrid (9), Barcelona (8), Valencia (3), Málaga (3), Alacante (2), Biskaia (2), Guipúscoa (2), Huelva (2), Sevilla (2), Tenerife (2), A Coruña (2), Valladolid (2), Zaragoza (2) e nove provincias cun profesional seleccionado. Entre as especialidades médicas á que os galardoados pertencen destacan: Traumatoloxía e Traumatoloxía infantil (con 8 profesionais), Uroloxía e Uroloxía Infantil (4), Xinecoloxía e Obstetricia (4), Cirurxía Xeral e aparello dixestivo (4), Aparello Dixestivo, (3), Neuroloxía e Neuroloxía Infantil (3), Cirurxía Plástica (3) e Oftalmoloxía (3), Otorrinolaringoloxía (3), Odontoloxía e Dermatoloxía con dúas cada unha, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button