CulturaCulturaÚltima hora

O doutor Marini, pregoeiro do Cristo no Barco: “O meu pregón basearase no agradecemento a esta terra”

 

Chegaba por dous anos ao Barco para traballar como pediatra no Hospital Comarcal de Valdeorras, pero finalmente acababa facendo desta terra o seu fogar. Tras case 40 anos na vila, este médico arxentino, di que agora na súa vida hai dous lugares de referencia: O Barco e Bos Aires. E resalta a acollida e o apoio que sempre sentiu da xente de Valdeorras. E así o vai amosar no pregón do Cristo, que lerá o vindeiro 11 de setembro na praza Maior da vila, expresando o seu agradecemento.

 

 

 

 

Conta Marini que a súa chegada a Valdeorras foi casual. Pero logo matiza que ao mellor non o foi tanto. En realidade supuxo reconectar coas súas orixes maternas, xa que a súa avoa era de Toral de los Vados, no Bierzo. Viviu con eles na Arxentina e encantáballe escoitar as súas historias sobre a súa terra e tamén as palabras, algunhas en galego, que ás veces se lle escapaban. E desa vinculación coas súas orixes e do sentimento da emigración falará tamén na súa intervención.

Fotos e vídeos: O SIL

 

Back to top button