OurenseÚltima hora

O ecovixiante Gabriel Gil, de 3º da ESO, recibe o seu título de Monitor

 

Na xornada do luns 9 de febreiro os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense entregaban o título de Monitor ao ecovixiante Gabriel Gil Rodríguez, de 3º da ESO que xa leva varios anos colaborando co coidado do Medio Ambiente. “Gabriel encarna como ninguén os valores Ecovixiantes, preocupado pola súa contorna, voluntarioso e moi traballador, responsable e tirando sempre do carro”, aseguran.

 

oplus_1056

 

Ademais, continúan coa recollida de Tapóns Solidarios e entregan en SEUR a cuarta tonelada desde que empezou o curso. “O Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense é Centro de Recollida, e agora ademais facémonos cargo dos que se recollían na Cafetería nova do Hospital (xa que non recollen máis) e os que levan ao Campus Universitario e Concello de Xinzo de Limia”, lembran.

 

oplus_1056

 

En canto ás pilas usadas tamén continúan recollendo “este perigoso residuo” e trasládano ao Punto Limpo.

Fotos cedidas.

Back to top button