
Dende o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular vén de enviarse unha carta dirixida ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na que se solicita información oficial sobre “o atraso do estudo informativo previo do tramo Vigo–O Porriño da futura liña de alta velocidade Galicia–Lisboa, contratado en xuño de 2023 e que debería completarse en decembro de 2024, así como sobre outros proxectos ferroviarios estratéxicos: as liñas Ferrol–A Coruña, Betanzos–Lugo, Lugo–Ourense e a situación da A-76, “que leva anos paralizada”, segundo sinalan.
Así mesmo, na carta solicítase unha reunión co ministro para tratar o seguimento destes proxectos e abordar o seu desenvolvemento.