OurenseÚltima hora

O Eixo Atlántico impulsa co Barco, a Deputación de Ourense e 11 socios máis, un proxecto para prever os incendios e combater a despoboamento

 

Vén de presentarse o proxecto europeo Interreg Sudoe USE4FOREST, no que participan entidades e administracións de varias comunidades autónomas e dos países do suroeste europeo: España, Francia e Portugal. O obxectivo deste proxecto é abordar solucións comúns na prevención de incendios forestais que afectan a estes países. Así a iniciativa está impulsada polo Eixo Atlántico, o Concello do Barco, a Deputación de Ourense e 11 socios máis.

Neste proxecto, enmarcado no programa Interreg Sudoe, participan entidades francesas, portuguesas españolas e a Xunta de Galicia, á que o Eixo Atlántico, promotor da idea, cedeulle o liderado do proxecto dado o interese que a Xunta ten no tema de prevención dos incendios forestais.

“O alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García, leva anos defendendo a necesidade dunha ordenación territorial nos espazos rurais e, especialmente do monte, para prever os incendios. Neste mesmo sentido, dende o Eixo Atlántico, que impulsou a primeira axenda mobilizadora do reto demográfico, vense defendendo a tese de que o despoboamento afecta aos incendios xa que onde non hai poboación, o monte non está coidado”, sinalan dende o Eixo Atlántico.

Por este motivo, o Eixo Atlántico considera inseparable a prevención dos incendios mediante unha xestión sostible do monte, a arborización entre o urbano e o rural e o reto demográfico como unha acción integral de carácter preventivo. Este aspecto é o que o Eixo xestionará dentro do proxecto.

Entre as accións previstas está por en funcionamento un viveiro de granxas, experimento que funciona con éxito en San Juan de Terranova, Canadá, e que responsables do Eixo Atlántico visitaron para coñecer o desenvolvemento e funcionamento. Esta experiencia ten como obxecto formar a persoas mozas para que poidan desenvolver a súa actividade profesional no medio rural, contribuíndo por tanto ao repoboamento do territorio. Dentro da lóxica integral que aplica o Eixo Atlántico no desenvolvemento das súas actuacións, este programa entronca co programa EDIN financiado por Interreg Espacio Atlántico, no que o Eixo Atlántico lidera unha rede de 8 países para impulsar, tanto nas zonas máis despoboadas de Galicia e do Norte de Portugal a figura de nómadas dixitais, proxecto no que tamén participa a Secretaría General para el Reto Demográfico do Goberno de España.

Artigos relacionados

Back to top button