EconomíaEconomíaÚltima hora

O Eixo Atlántico propón 112 medidas para facer fronte ao cambio climático nos seus municipios

Unha folla de ruta con máis de 500 boas prácticas para seguir avanzando na construción de cidades máis sostibles, autosuficientes e resilientes

 

O Eixo Atlántico presentou a “Estratexia para a mitigación e adaptación ao cambio climático: metabolismo urbano e biodiversidade, unha folla de ruta con accións concretas para que os 40 membros da entidade sexan cidades máis sostibles e eficientes.

Con este estudo, o Eixo Atlántico reafirma o seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o Pacto Verde Europeo. Nun momento no que o quecemento global xa superou os 1,5 ºC, é importante actuar dende o local. Coordinado polo ex director da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona e experto en sustentabilidade urbana, Francesc Cárdenas, o informe propón transformar o modelo de cidade apostando por unha xestión máis eficiente dos recursos, a enerxía, a auga e os residuos. O documento centra a súa estratexia en dous conceptos: o metabolismo urbano —como as cidades consumen e xestionan os seus recursos— e a biodiversidade urbana, fundamental para mellorar a resiliencia climática e a calidade de vida.

O informe inclúe 112 accións, que van dende a redución do desperdicio alimentario ata o impulso da economía circular, a agricultura urbana, a recuperación de espazos verdes e a educación ambiental.

Este informe forma parte dun proceso de traballo desenvolto entre 2022 e 2024, que deu lugar a tres documentos estratéxicos:

Ao longo destes tres anos, as cidades do Eixo Atlántico aportaron 505 fichas de boas prácticas e experiencias, que se complementan con 85 fichas internacionais. Actualmente, o Eixo Atlántico está traballando na creación dun repositorio que permita reunir e pór a disposición, de forma máis práctica e accesible, toda a información xerada durante estes tres anos de traballo, así como os contidos elaborados en etapas anteriores.

 

 

Tomé Roca sinalou que se trata “un dos retos máis urxentes e transcendentais do noso tempo: a loita contra o cambio climático e a transición cara un modelo de desenvolvemento máis sostible, máis xusto e máis eficiente. O plan de descarbonización dos municipios do Eixo Atlántico que se presenta hoxe aquí é un exemplo claro de cooperación, de planificación conxunta e de compromiso coa sustentabilidade desde o ámbito local”.

Nese sentido, Cárdenas puxo como exemplo unha das medidas que levou a cabo a Deputación de Lugo, coa incorporación de 5 vehículos eléctricos á flota da institución. Explicou que supón vendo o aforro nas emisións e no custo económico, que acada os 22.000€ ao ano.

Xoán Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo Atlántico asegurou que “con este Plan de Descarbonización, o Eixo Atlántico aposta por un modelo de industrialización sostible”.

Back to top button