CulturaCulturaÚltima hora

O Encontro de Poetas do IEV regresa ao Barco de Valdeorras na súa 37ª edición

Será os días 4 e 5 de xullo na Casa Grande de Viloira

Emilio Vega e M. Carmen Gago na edición doa no pasado do Encontro de Poetas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras varias décadas celebrándose na Rúa, o Encontro de Poetas do IEV celebrará a súa XXXVII edición no Barco de Valdeorras “como nos seus inicios”, avanza dende a organización María Carmen Gago, responsable da sección poética do Instituto de Estudos Valdeorreses.

Cun total de 32 poetas, chegados como sempre de distintos puntos de España, principalmente Galicia e O Bierzo e dooutros países como Arxentina, Perú ou Portugal, o recital levarase a cabo na sede do Instituto de Estudos Valdeorreses, na Casa Grande de Viloira, os días 4 e 5 de xullo ás 20:30 horas.

 

Cartel do encontro, obra de Jaime Correa.

 

O apartado musical correrá nesta ocasión por conta do cargo do cantautor José Luengo de Bembibre e da rondalla Sones del Cúa de Cacabelos.

Esta edición do Encontro de Poetas do IEV conta coa colaboración do Concello do Barco “que subvencionará a cea de clausura, de confraternización entre todos os poetas asistentes ao acto”, destaca M. Carmen.

Back to top button