CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O enérxico directo de Óscar Ibáñez & Tribo, cos gaiteiros de Abertal, no Centro Cultural Avenida da Rúa

 

Deporte e música nunha completa xornada de domingo na Rúa. Na mañá deste 11 de oubtubro celebráse a I Andaina “Os Pichís” con saída na praza César Conti, na Rúa Vella, que reunía a unhas 180 persoas polos montes rueses.

 

 

E xa pola tarde, partido de fútbol no campo municipal Vicente Solarat Maceda entre o CD Rúa e o Antela FC “B” que vencían pola mínima (0-1); e concerto de música tradicional no Centro Cultural Avenida.

 

 

Dentro da programación dos Concertos do Xacobeo, o gaiteiro Óscar Ibáñez recalaba na Rúa para engaiolar ao público coas súas rítmicas melodías acompañado pola banda Tribo, nunha enérxica viaxe sonora na que  mesturan tradición con novas creacións e sons europeos e americanos. Contaron tamén coa colaboración especial dos gaiteiros de Abertal dirixidos por Diego Prieto, cos que interpretaban a Muiñeira de Chantada.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button