En portadaÚltima horaVídeos

O ensaio do desfile do 182º aniversario da Garda Civil polo centro do Barco, en imaxes

 

Gran expectación xeraba esta mañá no centro da vila do Barco o ensaio do desfile conmemorativo do 182 Aniversario da Fundación do Corpo da Garda Civil, que se desenvolverá mañá entre a avenida Marcelino Suárez e a praza do Concello do Barco, onde terá lugar o acto oficial ás 12h. Para levalo a cabo tiñan que pecharse varias rúas ao trafico, que era regulado pola Policía Local.

 

 

Numerosas persoas seguían este ensaio dende as beirarrúas. Nel, ademais de axentes da Garda Civil, tamén participaban vehículos e motocicletas de diferentes unidades da Garda Civil (como é o caso de Tráfico e Seprona).

 

 

Previamente a este desfile, na praza do Concello tamén se facía un ensaio dos diferentes momentos do acto conmemorativo.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Back to top button