CulturaCulturaEntroido 2026Última hora

O Enterro da Sardiña despide con bágoas e coplas o Entroido en Monforte de Lemos

 

 

Co Enterro da Sardiña na tarde noite do Mércores de Cinza pechábase o Entroido 2026 en Monforte de Lemos. A Cofradía do Santo Enterro da Sardiña arrancaba ás 20.00 horas na Praza de España e percorría entre bágoas e cánticos o treito peonil da rúa Cardenal, Avenida de Galicia ata o cruce da Rúa Ourense e Campo de San Antonio ata chegar á Praza do Concello, onde a comitiva foi recibida polo Equipo de Goberno, e tivo lugar a lectura de coplas e rogativas.

 

 

Unha vez rematado o acto, a procesión continuou ata a Ponte Medieval, lugar desde o que foi lanzada a sardiña ao río. Con este rito, o Concello de Monforte de Lemos pon o punto e final á programación do Entroido 2026, un dos máis exitosos e participativos dos últimos anos, segundo o grupo de goberno local.

A procesión estivo encabezada polo alcalde, José Tomé Roca, acompañado doutros membros da Corporación municipal.

Fotos cedidas.

 

Back to top button