ConcellosEn portadaEntroido 2026Galerías de fotosÚltima horaViana do BoloVídeos

O Enterro da Sardiña en Viana do Bolo, o saboroso adeus ao Entrudio

 

Pese a que o tempo non acompañaba demasiado na tarde deste Mércores de Cinsa, a comitiva do Enterro da Sardiña saía como estaba previsto aló polas oito da tarde a dar o seu habitual percorrido pola vila de Viana do Bolo. Despois, tamén debido ás condicións meteorolóxicas, en lugar de enfiar cara o Cabo da Vila, rematando o seu traxecto no Toural, onde era queimada.

 

 

Deseguido, tiña lugar a tradicional degustación de deliciosas sardiñas asadas, co broche doce e saboroso das torrexas, en ambos casos, preparadas pola veciñanza do Cabo da Vila.

Con esta saborosa despedida, o Entrudio de Viana do Bolo despedíase definitivamente neste ano 2026.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

 

O s

Back to top button