En portadaÚltima hora

O Entroido de Viana do Bolo, Manzaneda e Vilariño, declarado Festa de Interese Turístico Nacional

Reciben esta distinción conxunta polo seu carácter ancestral e valores culturais

Domingo Gordo en Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Entroido tradicional dos municipios de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, na provincia de Ourense, vén de ser declarado “Festa de Interese Turístico Nacionla, nunha “distinción conxunta polo seu carácter ancestral e valores culturais”, tal e como vén de facer público o Ministerio de Industria e Turismo.

A secretaria de Estado, Rosario Sánchez, valora a unión entre os concellos para facer a solicitude e que as súas festas “preserváronse en maior medida que noutros lugares”.

Son Entroidos tradicionais de localidades limítrofes entre si, e os veciños de cada municipio, onde as manifestacións máis características son os fulións, cos seus Boteiros (no caso de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso) e Mázcaras (no municipio de Manzaneda), e o seu ritmo telúrico de bombos e aixadas.

 

Un fulións de Manzaneda, xunto a unha Mázcara danzando./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

“Trátase dunha celebración de gran atractivo turístico que conta con distintas iniciativas para garantir a súa promoción, difusión e permanencia no tempo, por exemplo, o Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask que se celebra en Viana do Bolo e Vilariño de Conso, un evento cultural no que se congregan as máis espectaculares Máscaras tanto de Galicia como doutros lugares de España e doutros países como Portugal. Coa declaración da festa Dos Entroidos do Oriente Ourensán, xa son 162 as festas populares de España declaradas como Festas de Interese Turístico Nacional. Na comunidade de Galicia, trátase da undécima festa con esta distinción”, indica o ministerio.

 

Boteiros dun dos fulións de Vilariño de Conso./ Foto. A.R.

 

 

Back to top button