CulturaCulturaÚltima hora

O Entrudio vianés, no ciclo de conferencias do 25 aniversario do Centro de Estudos Galegos de Padua (Italia)

Pedro Basalo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A lingua, a cultura e mesmo as tradicións galegas serán o eixo dunha serie de conferencias coas que o Centro de Estudos Galegos de Padua (Italia) celebrará o seu 25 aniversario nestes mes de abril. Algunha serán sesións online e outras presenciais.

Entre os temas que se abordarán figura o Entrudio de Viana do Bolo, nunha charla programada para o 30 de abril, nese caso de forma presencial, a cargo do filólogo e investigador Pedro Basalo Bembibre. O seu relatorio leva por título “Consideracións para o estudo do Entrudio no oriente ourensán”.

 

Back to top button