Na xornada do domingo 1 de febreiro, o equipo feminino do Victora CF que adestra a técnica valdeorresa Isabel Vázquez, poñíase líder da Primera División Galega Arzúa Ulloa Dop.
“Perdeu o EFF Rosalía 2-0 contra Villalonga FF, líder ata o momento e, ao gañar nós ao Xallas FC, 6-1, puxémonos primeiras”, explica Isabel, contenta pero consciente de que “o máis difícil non é conseguir o liderado tras 25 semanas de traballo, o máis difícil agora é mantelo ata o final”.
Queda moito traballo por facer, pero “estamos no bo camiño”, asegura, destacando que as sensacións de xogo son boas, sumado a que o equipo é ambicioso e hai moita marxe de mellora. “O grupo humano é incrible, o clima de traballo é moi positivo, aspecto fundamental para que cheguen os bos resultados”, di, saboreando o momento consciente de que que “queda moito”.

Fotos cedidas.