
Destacada actuación do equipo masculino absoluto do Adas Cupa do Barco no Campionato galego de campo a través que se celebraba na mañá deste 3 de xaneiro no circuíto do Aguillón, na Rúa. O combinado valdeorrés lograba unha medalla de bronce nesta competición ao sumar un total de 50 puntos, nunha clasificación na que dominaba o CD Pinarium (24 puntos), mentres que o subcampionato era para o Club Atletismo Narón (26 puntos).

O conxunto do Adas nesta proba absoluta masculina estaba formado polo valdeorrés Alejo Ares, Ignacio García, Emilio Pérez, Alejandro Martínez e Héctor Miguel.
O mellor resultado individua viña da man de Alejo Ares, que entraba no oitavo posto na clasificación xeral, cun tempo de 25:15.
Fotos: Mónica G. Bellver.
