DeportesÚltima hora

O equipo masculino M45 do Adas Cupa, bronce no Campionato de España 10K máster

O equipo M45 do Club Adas Cupa, no podio./ Foto: FGA.

 

Medalla para o equipo masculino do Club Adas Cupa do Barco que competía na categoría M45 no Campionato de España de 10 km en ruta, que se celebraba este sábado 6 de abril en Crevillent (C. Valenciana). O conxunto valdeorrés (formado por Israel Ropero Caballero, Juan Antonio Gude Vila e Jose Manuel García Pérez) facíase coa medalla de bronce, tras conseguir unha marca de 1:45:41.

Nesta categoría o ouro era para o Altetismo Albacete, sendo a prata para o equipo do Atletismo C.P. La Roda.

Por outra banda, a nivel individual o atleta Juan Antonio Gude ganaba a medalla de ouro neste mesmo campionato en M50.

 

Artigos relacionados

Back to top button