DeportesÚltima hora

O equipo máster M45-50 do Adas Cupa, ouro no Campionato de España de Ruta

 

Excelente actuación do equipo do Club Adas Cupa do Barco no Campionato de España de ruta (medio maratón), que se disputaba na pasada fin de semana en Albacete. Por equipos feminino, o conxunto valdeorrés (formado por (Marta García, Marta Llora e Esther Rodríguez) lograba o quinto posto da clasificación. No medio maratón master F35-40 conseguíase outro quinto posto por equipos, da man de Esther Rodríguez, Martina Tasende e Iria Fernández.

Xa na proba máster M45-50 masculina, o equipo valdeorrés (Juan Gude, Israel Ropero, Ricardo Vázquez e Alejandro Pesado) proclamábase campión de España.

A nivel individual dende o club destácase o resultado de Juan Gude (do Lucus, club filial do Adas), que se convertía en campión de España M50, e o de Esther Rodríguez, bronce en F40.

Fotos cedidas.

Back to top button