
Xa está nos quioscos e librerías o “Especial Cristo 2026” que o Periódico O SIL vén de adicar ás festas grandes do Barco. Ao longo de 40, este monográfico fai un percorrido polas diferentes propostas do programa desta celebración, que comezará co pregón vindeiro 11 de setembro a cargo do pediatra Ricardo Marini, a quen tamén se lle adicada unha reportaxe, o mesmo que a autora do cartel, a deseñadora barquense Marisú Miranda.
Ademais recóllense os cultos relixiosos, tamén as propostas lúdicas, musicais ou os tradicionais fogos, así como os eventos deportivos como o Descenso do Sil ou a Milla.
Nas páxinas deste especial tamén se abordan diferentes informacións sobre a vida sociocultural do municipio, así como reportaxes de carácter histórico e sobre personaxes da vila. Non faltan tampouco as aportacións dos nosos colaboradores, cuxo labor agradecemos dende estas liñas.