ConcellosO BarcoÚltima hora

O espectáculo do circo volve ao Barco con Cirque Prin

 

O Barco pode desfrutar neste comezo do mes de xuño do espectáculo do circo. Así, do 1 ao 3 de xuño o “Crique Prin” estará instalado xunto á estación de autobuses desta vila.

Na súa pista non faltarán os malabaristas, equilibristas, trapecistas, magos, pallasos e moito máis. “Unha viaxe ao mundo da fantasía para nenos de todas as idades”. Haberá sesións o 2 de xuño ás 19h. e o 3 de xuño ás 19h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button